PRG 119 Ruta da Sabriña
A ruta circular da Xabriña, no concello de Covelo (Pontevedra) comeza na parroquia de Paraños no val que formarío Tea. Xa no comenzo vemos a peculiaridade da arquitectura da zona na igrexa parroquial. No seu percorrido de 17 km, sortearemos o rio Xabriña e os seus afluentes como o Azal.
A primeira parte da ruta esta salpidada de muiños restaurados (uns mais que outros) e transcurre por un bosque de galería de bidueiro, aveleiras, ameneiros , carballos, loureiros, acibros e sorbeiras. Outras especies vexetais coma o Rusco (silvarda), breixo, e musgos de todo tipo que adornan as abores e muros de todo o camiño.
Os muiños teñen todos o nome do propietario ou o nome do que no seu dia o foi e como se coñecen agora. Hainos de moitos tipos e o que mais chama atención e a conservación dos cubos e canais de abastecemento de pedra tallada.
As pontes de pedra e as caudalosas fontes , en ocasión con labadorios, amósanos a intensa actividade que noutros tempos vivíu esta ruta.
Na primeira parte é máis cha ata que chegamos a un punto no que vai en moderado ascenso sorteando o rio que baixa no punto do Pozo do Demo encaixado entre bloques de granito. Pouco a pouco chegamos ao punto máis alto en Prado de Canda nos Cotos de Bouza (688m) desde temos vistas da serra de Suido e de Faro.
Por camiños polos que en tempos pasaron os carros que deixaron as pegadas nas lousas pasamos polas vilas de Prado de Canda, Corzos e a Lamosa. A arquitectura popular chamaranos a atención; casas de pedra de sillar, igresias e cruceiros asi como antigas casas onde noutros tempos elaborabanse a cera. De novo retomamos o camino agora xa en descenso que nos levara de novo a Paraños acercándonos e alonxándonos do rio Xabriña por un sendeiro en ocasions pouco marcado e atrancado por arbores caídas.
Engadir un novo comentario