XVII Travesía Integral dos Montes Aquilianos

Artigo publicado por vavi o 15 de Xuño de 2012 as 09:12

Cun dia explendido para correr polo monte, con 16 ªC de temperatura o pasado 2 de xuño disputouse a XVII Travesía Integral dos Montes Aquilianos.Esta carreira de 61 quilometros sae dende a praza do Concello de Ponferrada e tras 20 quilometros de sendeiros chega a Montes de Valdueza, ao pe dos montes Aquilianos. Dende ali podese optar por un percorrido mais corto de 47 quilometros opcion B ou o longo de 61 opcion A subindo ao punto máis alto dos Aquilianos. A opcion A foi a que escolleu o único representante de Bestarruza,Javier Cartelle, e vai dende Montes ata Peñalba de Santiago para dende ese punto subir directamente tras 1100 metros de desnivel ata Cabeza de la Yegua a 2143 metros de altitude punto máis alto da carreira. Dende ali se vai recorrendo o cordal de cumes que forman os Aquilianos, Berdianas 2116 m., Pico Tuerto 2051 m. e Guiana de 1849 metros. Unha vez que se chega a AGuiana tan so nos queda un descender ata a aldea de Ferradillo e dende ali ata Ponferrada.

  • 61 quilometros de lonxitude.

  • Desnivel positivo: 3200 metros

  • Tempo do primeiro: 5:34'21"

  • Tempo do último: 14:27'59"

  • Clasificacion dos bestarruzos: Posto 84.- Javier Cartelle  cun tempo de 10:16'45" .

  • Clasificación completa

 

Vavi nun momento da carreira
Vavi nun momento da carreira