VII Maratón de Penedos do Lobo

Artigo publicado por Rubén Seco o 09 de Outubro de 2012 as 21:57

Alá fomos representando ao clube os Bestarruzos Kike (Enrique Piñeiro),José Antonio e máis eu (Rubén Seco). O noso único obxectivo era rematar a maratón, porque para dous de nós era a primeira vez que nos enfrontabamos a unha proba desta magnitude na montaña,porque José Antonio xa tiña participado en edicións anteriores.Para a nosa sorpresa rematamos mellor do esperado. Kike fixo un moi meritorio posto 18 na clasificación xeral e 17 na categoría senior  cun tempo de 5:00:20,José Antonio rematou no posto 104 da clasificación xeral e no posto 10 na categoría de veteráns cun tempo de 6:34:20, i eu rematei no posto 13 da clasificación xeral e 12 na categoría senior cun tempo de 4:48:30. Os tres quedamos moi satisfeitos en xeral da proba,tanto da organización como o recorrido, que a pesar de ser bastante duro e técnico nalgunhas das súas baixadas, estaba moi ben acompañado polas vistas das que se desfruta nos arredores da estación de Manzaneda.

P.D.

Agradecer a fotos a Tuchi Fernández de Valnatura.org e a todos os que as puxeron no álbum Picassa de Penedos do Lobo.

Rubén Seco no alto da Fontefría.
Rubén Seco no alto da Fontefría.
Clasificacións

Data: 

16 Setembro 2012

Clasificacións completas: 

Clasificación d@s bestarruz@s triniteir@s: 

PostoNomeTempoPosto categoria
13
Rubén Seco
4:48:30
12 SNM
18
Kike Piñeiro
5:00:20
17 SNM
104
Jose Antonio Garcia Fandiño
6:34:20
10 VET