Trail subida ao Monte Pindo

Artigo publicado por vavi o 27 de Xullo de 2012 as 13:30

O 14 de Xullo celebrouse no expectacular macizo do Monte Pindo a carreira Trail Subida o Monte Pindo  incluida no Galicia Máxica Trail Adventure, que engloba unha serie de Trails de corta, media e longa distancia en Galicia. Ata ali desplazaronse Victor, Kike e Jorge como representantes do no clube.

A carreira parte da vila mariñeira de O Pindo e ten  unha lonxitude de 20 quilometros e desnivel positivo de 1200 metros.

En canto aos nosos, cabe destacar o segundo posto de Jorge na categoria de Veteranos II.

Os tempos dos bestarruzos foron:

29. Kike Piñeiro     2h42'14" 

51. Victor Freire 3h01'30"

58. Jorge Fernández 3h03'10"

 

O resto de clasificados en GaliciaMaxicaTrail

De esq-dereita: Kike, Jorge e Victor
De esq-dereita: Kike, Jorge e Victor