Trail Serra do Galiñeiro

Artigo publicado por Rubén Seco o 15 de Abril de 2013 as 10:25

Onte desprazabase ata terras de Gondomar o BestarruzoTriniteiro Manuel Redonda para desputar a terceira proba da Galicia Máxica Trail Adventure.

A carreira transcorría ao longo de 21 quilómetros pola Serra do Galiñeiro, facendo un percorrido no que se sumaba un desnivel acumulado de 2000 metros. Destacar a actuación de Manuel que desputou a súa segunda carreira de montaña, e aínda que non tivo boas sensacións na carreira, eu dende aquí o quero animar por ter finalizado, porque a proba a pesar de non ser moi longa, era unha pequena trampa e sei que foi dura para todo o mundo, e ademáis o noso compañeiro non fixo máis que comezar a súa participación neste tipo de carreiras.

 

 

Noraboa e a seguir Manuel.

 

Manuel na Serra do Galiñeiro
Clasificacións

Data: 

14 Abril 2013

Clasificación d@s bestarruz@s triniteir@s: 

PostoNomeTempo
295
Manu Redonda
3:17:52