Terremoto Trail Triacastela 2012

Artigo publicado por Rubén Seco o 09 de Outubro de 2012 as 22:50

Este pasado Domingo 8 de Outubro Rubén Seco acudía como único representante do clube a primeira medía maratón de montaña "Terremoto Trail" en Triacastela.

A carreira consistía en subir e baixar o monte Oribio situado na vila de Triacastela. Comezaba para min  moi ben a carreira arrancando entre os 15 primeiros clasificados, pero a medida que a proba avanzaba e as subidas cada vez se facían máis pronunciadas fun perdendo o contacto cos postos de cabeza debido a que o ascenso tan prolongado durante máis de 11 kilómetros se me fixo bastante duro. Fun aguantando o mellor que puiden e cheguei ao alto do Oribio (metade de carreira) no posto 23 cun tempo de 1:18:55, collín alento no avituallamento desfrutei uns segundos das vistas preciosas dende o alto do Oribio, e acto seguido dispuxenme a baixar a tumba aberta ata a meta logrando superar a moitos corredores ata rematar no posto 13 cun tempo de 1:58:35.

En resumen unha carreira na que se me fixo moi dura a subida,pero fixen unha baixada para min bastante boa, pero o mellor de todo foi o ambiente que alí se respirou, unha xente moi agradable e a organización de 10.

 

P.D.

 

Agradecer tamén as fotos a Tuchí Fernández de Valnatura.org, Peregrinoteca.com e a A Running Sarria.

Saída dende Triacastela.
Saída dende Triacastela.
Clasificacións

Data: 

7 Outubro 2012

Clasificación d@s bestarruz@s triniteir@s: 

PostoNomeTempo
13
Rubén Seco
1:58:35