SAN MAMEDE DESAFÍO SOLIDARIO 2013

Artigo publicado por Rubén Seco o 22 de Maio de 2013 as 12:32

O pasado Domingo tiña lugar na localidade de Castro de Escuadro na provincia de Ourense a segunda proba da Copa galega de Carreiras de Montaña. Os únicos representantes do noso equipo nesta carreira foron Enrique Piñeiro (Kike) e Rubén Seco.

A proba consistía nunha carreira circular de media maratón co ascenso e descenso ao monte San Mamede situado a uns 1600 metros de altitude.

A proba como todas as de montaña resultou dura,divertida e co aliciente añadido de correr sobre neve no mes de Maio, que a fixo moito máis técnica do que xa era de por si en certos tramos de descenso. Agardecer o bo facer da xente do Clube Atletismo Maceda e toda a xente que colaborou na organización da proba.

 

Saúdos

Clasificacións

Data: 

19 Maio 2013

Clasificacións completas: 

Clasificación d@s bestarruz@s triniteir@s: 

PostoNomeTempo
20
Rubén Seco
02:28:34
28
Kike Piñeiro
02:41:53