OS NOSOS RETOS PARA 2013

Artigo publicado por Rubén Seco o 02 de Xaneiro de 2013 as 09:30

Comeza un novo ano e con el chegan diferentes retos para todos os Bestarruzos nesta tempada de carreiras de montaña que xa está a volta da esquina.

¿Cales serán os nosos retos?,¿onde estará o noso límite?, quen o sabe.Temos moitos quilómetros e desniveis por diante, pero o máis importante de todo neste ano que acaba de comezar e gozar ao máximo dun medio que tanto nos gusta como é a montaña.

Trataremos de estar presentes en diferentes probas ao longo e ancho da nosa xeografía, como poden ser as diferentes probas da Galicia Máxica Trail Adventure, o Campionato e Copa Galega de Carreiras de Montaña, o Maratón de montaña por excelencia de Galicia "Penedos do Lobo", A Travesera Integral dos Picos de Europa que é unha das probas máis duras de España, e tamén agardamos ter representación no ultra-maratón do Soplao.

Como vedes a tempada asemella que vai a estar cargada de metas a alcanzar por todos nós, en algunhas teremos éxito, pola contra en outras pode que nos atopemos co fracaso, pero o que si está claro e que se non o intentamos sempre quedará a dúbida de si seríamos quen de acadar os nosos obxectivos.

 

Sorte a todos