IV TRAVESÍA MONTE XALO

Artigo publicado por Rubén Seco o 06 de Maio de 2013 as 09:54

O pasado 28 de Abril nos desplazamos oito compoñentes do noso equipo de carreiras de montaña BESTARRUZA TRINITY TRAIL, e algún amigo máis para correr a IV Travesía do monte Xalo no concello coruñés de Culleredo, concretamente no lugar de Castelo.

A proba discurriría ao longo e alto do monte Xalo, facendo un percorrido casi de vinte quilómetros e cun desnivel positivo de +1200 metros.

O día comezou con sorpresas agradables para nós, pois logo de estar varios días chovendo, a mañá da carreira amanecía con sol, un pouco de frío ao principio, pero non hai de que queixarse no que ao tempo se refire.

As 09.30 comeza a carreira con puntualidade e alá imos tod@s os Bestarruz@ Triniteir@s cada un a disputar a súa batalla particular acompañados na saída por un total de 250 participantes.

Ao final tod@s os que participamos quedamos moi satisfeitos da nosa carreira, e salvo o percance do amigo Ina que se tivo que retirar por unha escordadura de nocello, o resto chegamos bastante enteiros a meta.

 

Destacar a organización da proba por parte da asociación Castelo Deporte, que baixo o meu punto de vista fixo un traballo perfecto tanto na marcaxe como nos avituallamientos e o mellor de todo ese churrasco final co que agasallaron a todos @s que participamos na proba.

Clasificacións

Data: 

28 Abril 2013

Clasificación d@s bestarruz@s triniteir@s: 

PostoNomeTempo
4
Rubén Seco
1:55:09
31
Victor freire
2:15:54
47
Alberto Castro
2:20:12
75
Javier Cartelle
2:32:15
77
Marcial Calvo
2:33:41
97
Manu Redonda
2:40:03
131
Vicky Leira
2:57:05
AB
Ina Esteiro
00:00:00