III Carreira Montes de Viveiro

Artigo publicado por Rubén Seco o 15 de Abril de 2013 as 09:50

O pasado 7 de Abril tiña lugar na vila mariñeira de Viveiro a primeira proba da Copa Galega de Carreiras de Montaña 2013, ca disputa da III Carreira Montes de Viveiro.

Ata alá nos desplazamos catro integrantes do Bestarruza Trinity Trail,Vavi,Javichín, Víctor Freire e máis eu. Foi unha pena a baixa de última hora de Kike por arrastrar unha gripe. Pois o dito as 8:30 da mañá con moita puntualidade comezou a carreira que consistía nun sube e baixa aos catro montes máis altos que rodean a vila de Viveiro ao longo dun percorrido de cuarenta quilómetros e un desnivel acumulado de casi que 4000 metros. A proba ao meu parecer se fixo bastante dura, tanto polo desnivel como polas condicións climáticas de frío e auga durante gran parte da carreira, as que se sumou tamén a gran cantidade de barro acumulado en parte do percorrido.

 

Noraboa a todos compañeiros

Rubén Seco no alto do cortalumes
Clasificacións

Data: 

7 Abril 2013

Clasificación d@s bestarruz@s triniteir@s: 

PostoNomeTempo
12
Rubén Seco
4:03:13
20
Javichín Pérez
4:07:23
49
Victor Freire
4:49:51
69
Javier Cartelle
5:20:52