II Biosfera Trail
Artigo publicado por Rubén Seco o 08 de Abril de 2014 as 08:44
O noso equipo de carreiras de montaña tamén estivo representado esta pasada fin de semana en terras leonesas por Julio Césara Martino Pérez, que disputou a carreira da Biosfera Trail.
A actuación do noso compañeiro foi máis que salientable acadando unha máis que meritoria 10 posición na clasificación xeral, e un terceiro posto na categoria VTMA.
A carreira de 26 Km e de máis de 4000 metros de desnivel acumulado era unha carreira dura de verdade, polo tanto a nosa máis sincera noraboa para Julio.
Engadir un novo comentario