I Trail Macizo de Ubiña

Artigo publicado por vavi o 15 de Outubro de 2012 as 15:33

O domingo 14 de Outubro celebrouse o I Trail Macizo de Ubiña – Ruta das Brañas e Trofeo Alfredo Íñiguez. Ali estivemos representados por Alberto Castro, estreandose nunha carreira de montaña e Javier Cartelle. 

A carreira con saída en Tuiza de Arriba no Concello de Lena (Asturies)  trancurriu por un percorrido espectacular e moi esixente ao longo de  22 quilometros e medio e cun desnivel acumulado  de 3200 metros. O percorrido vai integramente por montaña a traves de  pequenos sendeiros e praderías. A cota máis alta estivo no cumio do picu Fariñentu a 2176 metros e o punto máis baixo en Tuiza a 1222 metros. Comentabase nos foros por internet  que esta proba  podereríase considerarse como a pequena Travesera, e a miña sensación foi  que si.

O día amaneceu chuvioso, frio, ventoso e coa neboa tapando parte do percorrido. As 9:00 deuse a saida e saimos os  166  corredores. 

Alberto chegando ao avituallamento do refuxio do Meicin
Alberto chegando ao avituallamento do refuxio do Meicin
Clasificacións

Data: 

14 Outubro 2012

Clasificacións completas: 

Clasificación d@s bestarruz@s triniteir@s: 

PostoNomeTempo
115
Alberto Castro
4:29:00
126
Javier Cartelle
4:37:00