I Trail Concello de Arteixo

Artigo publicado por Rubén Seco o 14 de Outubro de 2012 as 14:26

Este pasado Sábado 13 de Outubro acudían ao I Trail Concello de Arteixo  representando ao clube os Bestarruzos Enrique Piñeiro (Kike),Víctor Freire e máis Rubén Seco que formaron parte dun grupo total de 136 corredores que tomaron a saída na proba da media maratón .

A proba desenvolveuse polos montes que rodean a esta vila da provincia de A coruña, cun percorrido aproximado de 21 Km e un desnivel acumulado de 1069 metros. A proba tiña de todo un pouco,unhas subidas duras ao principio,algunhas baixadas bastante técnicas e rápidas, e tamén carreiros polos que se podía correr ben. Os tres representantes do clube conseguiron acadar uns resultados moi bos, destacando a terceira praza acadada por Rubén Seco que lle otorgou o dereito e a honra de representar ao clube no podium da carreira na categoría senior.

 

Rubén Seco en plena carreira.
Clasificacións

Data: 

13 Outubro 2012

Clasificación d@s bestarruz@s triniteir@s: 

PostoNomeTempo
3
Rubén Seco
1:56:22
16
Kike Piñeiro
2:04:26
42
Victor Freire
2:17:40