Carreira Alto Sil 2013

Artigo publicado por Rubén Seco o 17 de Marzo de 2013 as 23:24

Hoxe nos desplazamos ata a localidade Leonesa de Santa Cruz do Sil os Bestarruzos Javier Cartelle, Alberto Castro e máis eu (Rubén Seco), para desputar a carreira do Alto Sil 2013.

Nun principio estabamos avisados de que nos iamos atopar cun recorrido que ia ter unha dificultade extra polas nevadas que se fixeron notar nos últimos días na zona.

A carreira en xeral tiña un recorrido moi fermoso, pero eso si, duro a vez. Dos puntos claves a destacar foron a subida ao alto da Campona, e a sorpresa final coa ascensión ao Pico Negro, un auténtico rompepernas porque aparecía no kilómetro 25 para rematar a proba.

en xeral estamos moi satisfeitos co resulatdo final da carreira a pesar do dura que se fixo.

Destacar sobretodo o bo ambiente que se respiraba na proba, o implicada que estaba a organización e os ánimos do público durante todo o recorrido, a miña puntuación persoal é de 11, para o 2014 haberá que repetir.

Os tres representantes do Bestarruza Trinity Trail.
Clasificacións

Data: 

17 Marzo 2013

Clasificación d@s bestarruz@s triniteir@s: 

PostoNomeTempoPosto categoria
21
Rubén Seco
3:34:51
15 SNM
213
Alberto Castro
4:47:23
270
Javier Cartelle
5:05:33