Senda do Caoru desde Sotres
Excursion feita o :
Localización:
Saimos da vila de montaña de Sotres a 1000 m de altitude. Comezamos o ascenso pola pista que sale do aparcamento a dereita en dirección a Tresviso. Pronto chegamos ás invernais de Caballar onde estan as antenas de telefonia e un posto da rede de seguimento do cambio global en Parques Nacionais dentro do programa de Rede Mundial de Observación Climatolóxica. Tomamos un sendeiro á esquerda xusto neste punto e en descenso chegamos a un abrebadero, onde enchimos as cantimploras. Neste punto se puso a chover con intensidade.
Seguimos baixando polo val que forma o Arrollo Claro de Vies en direccion noroeste, ata chegar ás Malladas do collao de Tabaos (Valfrío) onde decidimos abortar a travesía debido a intensa chuvia e neboa. Dende Valfrio baixamos pola pista forestal a traves das cabanas para logo coller unha corredoira señalizada que leva directamente a Tielve. Despois de comer un pouco e tomar un cafe decidimos voltar para Arenas pola estrada.
De non abortar a excursion o percorrido dende Valfrio seguiria asi:
Dende Valfrío vese a poblacion de Tielve e o mítico Pico Urriellu. Tomamos xa o sendeiro á dereita, como referencia hai un poste de tendido electrico, o sendeiro levanos en suave ascenso ao nordés e logo ao noroeste enfilando a suba mais forte que tivemos ata o Outeiro de Posadoiro (1226 m).
Dende este punto temos unha vista escepcional dos tres macizos de Picos de Europa dende onde se ven os seus principais cumios. A partir de aquí un sobe e baixa entre malladas, primeiro a de Tordín, logo as de Tambrín e as de Humardo. Esta e a parte da travesía onde é máis facil perderse, xa que o gando fai moitos camiños que moitas veces non levan a ningunha parte. Hai estacas de madeira con marcas de pequeno percorrido, pero son poucas e hai que saber interpretar o mapa para orientarse ben. Este tramo con neboa non é nada fácil de seguir.
Despois de atravesar as Invernales de Portudera (950 m) empezamos a vertixinosa baixada pola propiamente dita Senda de Caoru, vendo ao lonxe o noso destino, Arenas de Cabrales. Son 800 metros de desnivel de descenso constante por zig zags empedrados onde en tramos vese claramente a calzada romana xa desgastada e pulida polo transcurso do tempo e das pisadas de xentes e gando o que a fai especialmente perigosa en caso de estar humeda xa que o esvarón está asegurado.
Unha represa de augas esmeralda á dereita indícanos o final do descenso. A estrada que sobe a Poncebos lévanos a Vila de Arenas de Cabrales onde nos espera o merecido descanso despois de 17 km e 1200 m de desnivel.
Tempo
Tempo aproximado que leva a excursión
![]() |
7 horas |
Desnivel de subida
Desnivel acumulado de subida.
![]() |
345 |
Desnivel de baixada
Desnivel acumululado de baixada
![]() |
1233 |
Distancia
Distancia aproximada en quilómetros
![]() |
19.00 |
Tipo de percorrido
Refirese a si é un percorrido circular, unha travesia ou de ida e volta polo mesmo sitio
![]() |
Travesía |
Dureza do medio natural
![]() |
1
2
3
4
5
|
Orientación no itinerario
![]() |
1
2
3
4
5
|
Dificultade no desprazamento
![]() |
1
2
3
4
5
|
Esforzo necesario
![]() |
1
2
3
4
5
|