Equipamento novas vías de escalada

Ao longo de 2020 a pesar da COVID19, a vogalia de escalada do clube continuou coa tarefa que ven desenvolvendo desde fai tempo de mantemento e ampliación de novas vias de escalada na contorna de Cabo Prior. Este ano, como en 2019, contamos coa colaboración da Deputación da Coruña

 

En total, colocáronse  250 novas ancoraxes  en aceiro inoxidable,  que diron  como resultado 30 novas vías de varias dificultades.

 

O traballo levouse a cabo durante o verán e principios de outono, cumplindo coa normativa COVID aplicable en cada momento.

 

Desde Bestarruza queremos agradecer o traballo feito polos nosos socios e o importante  apoio da Deputación da Coruña, que contribúen  a  que hoxe en día se poida gozar na zona  de cabo Prior dun gran número de vías de escalada para todos os niveis e para todos os escaladores e escaladoras que se acheguen a este fermoso lugar.

 

Cabo PriorDeputación de A Coruña