Actividades do equipo de escalada de base de Bestarruza en 2020

Continuando co traballo dos anos anteriores, o equipo de escalada de base de Bestarruza iniciaba un ano ilusionante, co obxectivo de seguir afianzando a práctica da escalada, coa vista posta nas competicións de base galegas e as saídas ao medio natural onde poñer en práctica o aprendido nos rocódromos incidindo nas técnicas de seguridade e progreso en parede da man dos nosos monitores.

A primeira proba da Copa Galega de Escalada de Base, tivo lugar o 8 de febreiro no rocódromo do pavillón dos Remiedios en Ourense, proba organizada polo clube ASESOU. Chegamos a Ourense con algúns adestramentos previos no noso rocódromo de Mugardos. O resultado foi o esperado, os nenos gozaron dun dia de escalada rodeados de nenos e nenas doutros clubes galegos  nun ambiente festivo.

No aspecto competitivo, @s nos@s bestarruciñ@s subiron ao podium en varias categorías. Na categoría Benxamin  Irene foi a máis rápida na final subindo  ao máis alto do podium empatando a puntos con Alejandra de ASESOU, quedando  Carolina  en quinta posición  compartindo puntuación coa terceira e cuarta clasificadas.  Na categoría Benxamin   masculina, Bruno cuarta  posición compartindo puntuación cos primeiros clasificados.

En Alevíns feminino un segundo posto para Adriana compartindo puntuación con Nora do Montaña Coruña. En infantís feminino,   Lara quedou terceira, e Nuria e Lucía oitava e décima. O único representante bestarruzo en infantil masculino foi Álvaro acadando a sexta posición.

Despois da proba ourensan, tocoulle o turno a segunda proba celebrada no rocódromo municipal de Riazor, na Coruña, probar organizada polo AMI o 7 de marzo. Nesta segunda proba, as nosas rapazas e rapaces consiguen subirse a varios pódiums.

En benxamins feminino Irene repetiu  un primerio posto  e Carolina baixou a  o séptimo e  na categoría masculina Bruno conseguiu subirse a terceira posición da clasificación. En alevíns femenino, Adriana baixou ao terceiro posto. En infantís feminino Nuria saltou a  segunda posición , Lucia a  terceira e  Lara baixou a cuarta.

Tras a proba de Riazor, parouse o mundo pola pandemia da  COVID-19, cunha larga coarentena que acabou, entre otras moitas cousas,  cancelando a terceira proba da  Copa Galega de Escalada de Base de 2020 que tiña que celebrarse en Vigo.

A pandemia trastornounos moito os  plans que tíñamos pensado para este ano cos máis novos, entre eles desprazarnos ás zonas de escalada de  Galiñeiro e Budiño na provincia de Pontevedra, o que inicialmente iba a  ser una  xornada de convivencia entre pais e nenos do equipo e que finalmente se foi aprazando ata que en setembro púidose levar a cabo con parte nas nenas.  

Xa no último trimestre do ano co inicio da escola municipal de escalada de Mugardos retomáronse os adestramentos nos rocódromos de Mugardos e a Malata en Ferrol coa vista no novo ano que esperemos sexa mellor que o actual.

 

 

II Proba Copa Galega Escalada en Riazor - Marzo 2020Deputacion de A Coruña