O Pindo

Artigo publicado por vavi o 05 de Abril de 2011 as 10:53

Partimos da vila mariñeira do Pindo, concretamente da Igresia parroquial de San Clemente. A senda comeza paralela ao regato que se alimenta das fontes da Capela, a do Garocho e a do Salgueiriño . Camiño pedregoso en ascenso e lindado por balado de pedra levanos a un alto chamado do castro onde un camino á dereita nos leva á piscifactoría do Pindo e o outro levanos sempre para arriba.

 

Pasamos una zona mais ou menos cha onde antes dos grandes incendios do 2005 habia un bosque de pinos. Chamase esta zona o Chan de Lourenzo onde quedan restos da que foi mina de wolframio na segunda guerra mundial (vendiase a Alemania para fabricaion de armamento).

 

Entre bolos de granito que nos invitan a darlle voltas o maxin, empezamos o ascenso final ao alto da Moa de 629 m de altura que nos agasallará o noso esforzó cunha vista do Pindo, Ezaro, Fisterra e Carnota inmellorable (sempre que a neboa non apareza traicioneira ). Neste punto fixemos un descanso que aproveitamos para comer. Se o tempo non permite estar moito tempo na cume da Moa, podemos facer o descanso  nunha area de descanso hablilitada a 300m, máis abaixo.

 

Despois do descanso comenzarmos o descenso polo leste da Moa. Primeiro por una zoa de lascas de granito (toda a Moa é una “mole” granítica) e logo entre piñeiros e campeiros. Os troncos queimados e xa podres danos mostras da virulencia dos incendios na zona. Si hai poucos días que choveu o camiño aparecerá todo encharcado cheo de regatos pequenos da auga buscando un escape para alimentar ao Xallas. Seguimos baixando entre penedos e empezamos a ver de frente o embalse de santa Uxia. A dereita as penas de Peñafiel.

 

A medida que perdemos altura vaise ensanchando o camino xa por plantacións de Piñeiro e chegamos a aldea de Fieiro. Xa comezamos o camino por asfalto que nos leva á presa de Santa Uxia e una vez a atravesemos comezamos a subir hacia a esquerda, no cruce de camiños do Prado do Cura, ata o mirador do Ezaro, una construcción granítica non moy acertada pero que nos permite disfrutar da vista con seguridade. Ao frente a peña de Peñafiel e por detrás A Moa. Empezamos a baixar por una empinada pista asfaltada que despois de pouco máis de un quilometro nos leva á central do Pindo onde o centro de interpretación da electricidade está a disposición dos mais curiosos.

 

Mais adiante o que realmente merece a pena, a fervenza do Xallas  (pechada dende a construcción da presa) do único rio de Europa que desenvoca en salto no mar.   Na actualidade os horarios para ver a fervenza son bastante reducidos e únicamente dedicados ao turismo (verán e datas sinaladas de 11 a 14 e de 19 a 20 horas).

 

Xa na vila de Ezaro podemos disfrutar dun refresco ou dirixirnos a cercana vila do Pindo ao recoller o coche e voltar para casa.

 

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é ou non un visitante humano e para previr envío automático de spam.
Image CAPTCHA
Introduza os carácteres mostrados na imaxe
Type the characters you see in this picture. (verificar usando audio)
Introduce os caracteres que aparecen na imaxe superior, se non podes entedelos someta o formulario e unha nova imaxe xerada. Non diferencia entre maiúsculas e minúsculas.
Datos técnicos

Data: 

09 de Abril de 2011

Localización: 

Tempo
Tempo aproximado que leva a excursión
Tempo Tempo
7 horas
Desnivel de subida
Desnivel acumulado de subida.
Desnivel subidaDesnivel de subida
906
Desnivel de baixada
Desnivel acumululado de baixada
Desnivel subidaDesnivel de baixada
917
Distancia
Distancia aproximada en quilómetros
DistanciaDistancia
15.00
Tipo de percorrido
Refirese a si é un percorrido circular, unha travesia ou de ida e volta polo mesmo sitio
Tipo de percorridoTipo de percorrido
Travesía
Dureza do medio natural
  1. O medio non esta exento de riscos
  2. Hai máis dun factor de risco
  3. Hai varios factores de risco.
  4. Hai bastantes factores de risco.
  5. Hai moitos factores de risco.
Dureza do medio naturalDureza do medio natural
1
2
3
4
5
Orientación no itinerario
  1. Camiños e creuce ben definidos.
  2. Senda ou sinalización que indica a continuidade.
  3. Esixe a identificaión precisa de accidentes xeográficos ou de punto cardinais.
  4. Esixe técnicas de orientación e navegacion fora de pista.
  5. A navegación é interrumpida por obstáculos que jai que bordear.
OrientacionOrientacion no itinerario
1
2
3
4
5
Dificultade no desprazamento
  1. Andaina por superficie lisa.
  2. Andaina por camiños de ferradura.
  3. Andaina por sendas escalonadas ou terreos irregulares.
  4. É preciso o uso das mans para manter o equilibrio.
  5. Requiere pasos de escalada para a progresión.
DesprazamentoDificultade no desprazamento
1
2
3
4
5
Esforzo necesario
  1. Ata unha hora de marcha efectiva.
  2. Máis de unha hora e menos de 3 horas de marcha efectiva.
  3. Máis de 3 horas e menos de 6 horas de marcha efectiva.
  4. Máis de 6 horas e menos de 10 horas de marcha efectiva.
  5. Máis de 10 horas de marcha efectiva.
Cantidade de esforzo necesarioEsforzo necesario
1
2
3
4
5

GPS: