I Trail do Boi

Artigo publicado por Rubén Seco o 04 de Marzo de 2014 as 11:32

O pasado 22 de Febreiro acudían representando ao Bestarruza Trinity Trail tres dos nosos representantes. Ata terras de Quiroga se desprazaron, Quirina Díaz, Pablo López Calaza, José María López Rivas, Alberto Manuel Pérez e Rubén Seco para desputar a primeira edición do Trail do Boi nas dúas diferentes modalidades das que dispoñía a proba.

 

Pablo, José María, Alberto Manuel e Rubén correron a carreira longa que constaba de 36 Km e 1500 metros de desnivel positivo. Quirina por atoparse mal a última hora non puido correr a carreira curta, que constaba de 26 Km e case 1200 metros de desnivel positivo.

 

A carreira transcurría por un recorrido no que abundaban as pistas forestáis e con poucas zonas técnicas e de pura montaña, iso si, a parte central do recorrido que transcorria por un val eran ben fermosas.

 

 

Clasificacións

Data: 

22 Febreiro 2014

Clasificacións completas: 

Clasificación d@s bestarruz@s triniteir@s: 

PostoNomeTempoPosto categoria
Rubén Seco Fernández
03:16:43
16º
Pablo López Calaza
03:29:17
15º
66
Jose Mª Lopez Rivas
4:42:58
73
ALberto Manuel Perez
5:01:05