HQSQU Gijón 2014 e Trail Serra do Galiñeiro

Artigo publicado por Rubén Seco o 15 de Abril de 2014 as 00:09

Esta pasada fin de semana o noso equipo estivo representandonos en Asturias e Galicia.

 

Por terras astures, concretamente en Gijón, estivo o compañeiro Pablo López Calaza desputando unha peculiar proba denominada HQSQU (Hasta que sólo quede uno). A proba consiste en dar voltas a un circuito ata ver quen é o que máis aguanta, según se van doblando corredores ao mesmo tempo van caendo eliminados. De momento non vin ningunha clasificación nin sei como lle foi ao noso compañeiro, pero tan pronto teña novas actualizarei a información.

 

Na que é xa a terceira proba do Galicia Máxica Trail Adventure 2014, na Serra do Galiñeiro, no trail longo estiveron representando ao noso equipo Bruno Cardamas e Julio César Martino. Julio quedou clasificado nunha moi meritoria 10ª posición na clasificación xeral, e Bruno pola súa contra tamén fixo unha grande carreira rematando na posición 73ª, tendo en conta que foron máis de 370 corredores os que remataron a proba de 20 Km e con 1200 metros positivos.

 

Dende o noso clube noraboa aos nosos tres representantes.

Clasificacións

Data: 

14 Abril 2014

Clasificación d@s bestarruz@s triniteir@s: 

PostoNomeTempoPosto categoria
10º
Julio César Martino Pérez
02:16:51
4º M-40
73º
Bruno Cardamas Freire
02:45:08
49º SNM