VIII Travesera Picos de Europa

A Travesera dos Picos de Europa é unha carreira de montaña de 74 kilometros de lonxitude que reccorre os tres macizos dos Picos de Europa salvando un desnivel acumulado de 13245 metros. Comeza en Covadonga e finaliza en Arenas de Cabrales.
Artigo publicado por vavi o 12 de Xullo de 2011 as 11:53

Fai xa 8 anos da primeira edición da Travesera de Picos, unha carreira de montaña que percorre os tres macizos de Picos de Europa, e en memoria de  Alfoso Martinez, guia dos Picos que adicou toda a sua vida a estas montañas.  Nas cinco primeiras edicións comenzaba na Vega de Enol e remataba en Sotres, cunha distancia de 50 kilometros, actualmente o percorrido ten 74 kilometros e 13.245 metros de desniveis, con saida en Covadonga e chegada en Arenas de Cabrales. A ruta discorre integramente por montaña atravesando hayedos , vegas, jous e altos collados. Esta organizada pola Federacion de Escalada e Montaña do Principado de Asturias xunto cun gran número de voluntarios que cubren todo o percorrido, axudando co itinerario e dando moral aos corredores, o que fai que a organización sexa excelente.

Bestarruza noutras edicións

O ano no que se celebrou a VI edición, dous bestarruzos, Artur e o que escribe decidimos apuntarnos, principalmente co obxectivo de acabala e experimentar novas sensacións. Para os dous era a nosa primeira carreira de montaña. Naquela VI edicion , a Travesera comezaba ás 3:00 AM na Vega de Enol e finalizaba en Arenas de Cabrales e tiña un percorrido 60 quilometros e 11385 metros de desniveis. Nesa primeira experiencia, chegamos xuntos a Cain ás 7:15 e comezamos a subir a interminable canle de Dobresengros, Artur abandonou ao pé do Canalón, cando levaba 1 hora subindo Dobresengros e eu na Vega de Urriellu, aos pés do gran Picu.

O ano seguinte Artur decideu non participar e eu volvino a intentar. A VII edición variaba o seu percorrido e comezaba ás 0:00 en Covadonga e finalizaba igualmente en Arenas en , total 74 quilometros e trece mil metros de desnivel, medidas estas que a fan ser a carreira de montaña máis dura do pais. Nesa a miña segunda Travesera quedeime sen folgos en Cain, e abandonei. A diferencia do ano anterior sentíame decepcionado comigo mesmo e non quería saber nada máis de traveseras, aínda que iso foi en quente xa que media hora despois do meu abandono, de camiño a Poncebos pola Ruta do Cares, xa me ia rindo e pensando, “o ano que vén, acáboa”.

VIII Travesera de Picos de Europa

E xa estamos no 2011. Nesta ocasión  acompañoume un novo Bestarruzo, Jorge Fernández López, con moitos quilometros de carreiras de montaña, e que foi coa ilusión necesaria para enfrontarse á Travesera, a  "gran carreira". Din que a Travesra engancha, que o que vai repite, e podo asegurar que é certo, a min atrapoume.

Alí estabamos en Covadonga  o 24 ás 23:30 co motor preparado na saída e con intención de chegar a meta. Pola miña parte nótome tenso pero moi animado, pensando que este ano a remato.Desta volta  saíamos 254 na que creo foi a máis numerosa de todas as edicións, 11 dos cales eran mulleres. Antes da saída a organización deunos detalles do estado  do percorrido suliñando que xunto coa escasez de tramos de neve nas zonas altas e as elevadas temperaturas previstas incrementarian a dureza da carreira.

Iniciamos a saida

Ás 12:05  deron a saída. O primeiro quilómetro é estrada en lixeira pendente ata preto da cova da Santina e facémolo correndo, alí entramos nunha corredoira que nos leva a Enol seguindo na maioría do percorrido a chamada Ruta da Reconquista. Fórmase un gran tapón e subimos a maioría en ringleira ata a Vega de Orandi. Jorge e eu chegamos xuntos a este punto pero decido afrouxar o ritmo e Jorge vaise distanciando pouco a pouco. A subida é un pouco incomoda polo irregular e esvaradizo do terreo e a gran cantidade de lameiras que hai. Pouco a pouco vou subindo, sorteando as vacas que a esas horas están tumbadas na herba sen inmutarse, coma se xa estivesen afeitas a ver pasar a tantas persoas a esas horas. De cando en vez levanto a vista do chan e unha espectacular serpe de luces vermellas se presenta ante min. Nesta primeria seccion de subida vou adiantando a outros corredores e outros me van adiantando a min. Sigo subindo sin ir comodo, non acabo de coller un ritmo adecuado, vou un pouco preocupado por eso pero procuro ser positivo e trato de quitarlle importancia.

Ás 2:06 chego ao avituallamiento líquido de Enol, alí estábame esperando Jorge, bebo un par de vasos de líquido e seguimos os dous xuntos  trotando pola pista que nos leva ao aparcadoiro de Pan de Carmen. A Jorge véxoo ben, eu xa vou mellor aínda que con tensión nas pernas, supoño que por nervios previos á saída. Ao finalizar a pista volvo descolgarme do ritmo de Jorge e busco o meu.

Na Vega El Huerto empezamos novamente a subir, paso a Vega La Piedra con outros tres. Chegando á Rondiella empezo a ter fame, vese que a ensalada de pasta que me tomei en Arenas ás 21:00 xa non dá máis de si. Sen parar tómome un xel, sigo subindo, paso a Gamonal e xa en Vegarredonda miro o reloxio, son as 3:10, imos ben me digo, e sigo para o collado da  Frágua.   Vou atallando alguns zig-zags nas duras rampas que nos levan a Fragua, cara arriba xa vexo moi poucas luces vermellas e cara abaixo tampouco é que se vexan moitas brancas, ao mellor veñen tan só 20 por abaixo, non máis, é decir, xa vou nos postos de cola, procuro non darlle moita importancia e sigo ao meu ritmo. Paso a Fragua e chego as Barrastrosas lugar onde paro cinco minutos a comer un pasteliño mentras contemplo a vista, a noite é bastante oscura e as luces das vilas da comarca de Onis vense moi abaixo, normal pois xa estou a 1800 metros. Cotinúo cara o Jou Santu; de repente entrame un sono horrible, literalmente se me pechan os ollos, que sensación máis incomoda si non fora porque estou na Travesera botavame unha siesta memorable. Sigo ladeando a Torre de Santa Maria, cruzo o Jou dos Asturianos e chego á Boca do Jou Santu, estou a 2113 metros punto máis alto do primeiro tercio da carreira, xusto enfronte da cara norte da gran Peña Santa, no medio do macizo Occidental.  Sin parar empezo o descenso cara o Jou, baixo rápido, o cruzo e as 5:30 me planto no Boquete, onde me encontro a Jorge que estaba comendo algo en compañia dun vasco.  Desde este punto ata Cain hai unha baixada continuada de 1600 metros de desnivel e de aproximadamente 5 quilometros, é a canal de Mesones. Lanzamonos os tres cara Cain, pouco a pouco voume distanciando de Jorge e do de seu novo compañeiro. A medida que me achego ás Majadas de Mesones vaise facendo de día, xa non me fai falta o frontal. Baixo rápido, escorrego e caio de costas, merda, levántome e sigo coma se nada. Chego á fonte de Mesones , bebo un pouco e sigo. Merda cáiome outra vez, ¡pero serei patoso!. De cando en vez miro para arriba a ver se vexo a Jorge,non o vexo, sei que baixa máis lento,  xa me pillara na subida, penso para min, e sigo baixando cara a Cain. Chego ao pobo ás 6:50, control e avituallamiento sólido, como un plátano, un pasteliño,encho  a mamona e ás 7:05 saio para Dobresengros.

Iniciando o segundo Macizo

Neste punto atopome moi comodo, xa non noto a tensión nas pernas que notaba en Enol, vinte quilometros atras.A baixada de Mesones a fixen ben, os xeonllos depois de unha hora e vinte de descenso,  non se me queixan moito, eso dame moita moral e comenzo Dobresengros con voas espectativas. O tramo de Dobresengros é clave na carreira, neste punto levamos 30 quilómetros e agora hai que facer unha subida cun desnivel de 1884 metros en 8,5 quilómetros. No primeiro tramo da subida márcolle o ritmo a tres compañeiros.Pasamos Sedo Mabro, e ao pouco pidenme paso e aumentan o ritmo, eu non os podo seguir, a miña máquina é máis lenta, non pasa nada, envólvome nos meus pensamentos e sigo ao meu ritmo lento pero constante.  É a terceira vez que fago esta subida este ano, xa lle teño cariño, é unha subida espectacular. A primeira do ano vin  con Jorge en semana santa para que a coñecera de cerca e fora amoblando a cabeza para saber ao que tiña que enfrentarse, e asegunda fai tres semanas con Alberto facendo a Travesera a modo de entrenamento pero en vez de facela nun dia como hoxe fixemola en cinco días. Ogalla estivera agora aqui.  Sigo subindo, cruzome un corredor que baixa feito polvo por problemas estomacais, paso o Canalón e collo a un veterano asturiano que enseguida se acopla ao meu ritmo, xuntos seguimos subindo. Outro corredor que baixa feito polvo, paramos dous minutos a tomar un xel e seguimos. Bebo moito, non é que teña sede é que non  quero ter problemas de deshidratación. Pouco a pouco imos gañando altura e aoredor das nove e pico chegamos a Hoyo Grande, xa co sol queimando as nosas cabezas. Cruzamolo, que espectacular é este lugar, rodeado dos cumes máis altos dos Picos, á esquerda domina Torre Cerredo a máis alta, á dereita a Palanca enfronte o Tesorero. Véñenme recordos de catro días que me pasei aquí un mes de Abril con bos amigos, riome cara adentro e sigo. Estou ao pé da "pedrera" que nos leva ata a Horcada de Cain a pleno sol cunha calor que xa empeza a agobiar. Que duro se me fai  este tramo, notome moi canso, manteño o ritmo, maldita pedrera, isto non acaba nunca. Ao fin ás 11:00 chegamos á Horcada de Cain a 2344 metros, vista espectacular coa Oeste do Urriellu enfronte.Sen parar nada baixamos á Vega de Urriellu, ao principio por neveros, cando se pode en cu esquí e logo por pedrero. Ás 11:40 piso a terraza do refuxio, control e avituallamiento.

Penso en Jorge, ¿onde estará?, ás 12 pechan o control e non aparece.  Non se ve por ningures ¿teria unha paxara? ¿chegaria tocado a Cain despois da baixada de Mesones?, non o sei, o sinto por él tiña moitas ganas.

Como un par de sándwiches de xamón, un pasteliño, encho a mamona e voume co compañeiro de aventura que coñecin en Dobresengros para a Celada ás 12:00. Teño que chegar ao seguinte control nas Vegas de Sotres antes das 15:00 que é a hora de corte. Empezo a subir a canle da Celada a pleno sol, sen pinga de aire, vou moi lento ainda asi o meu compañeiro descolgase e agora continuo  so, non podo apurar máis, non creo que me dea tempo, é igual, non paro, imos para arriba. ¡¡Que calor!!, vou ao ritmo que levo cando levo unha mochila de 20 kg. Mentres subo, vou oíndo os berros dos escaladores que están no Picu. Acabo a canle e chego ao collado da Celada, ¡¡ánimo!! me di un da organización, moito se agradece, estan espallados por todo o percorrido na maioria dos casos eles sos, coa misión de axudarnos e animarnos. Miro de esguello para a cara leste do Picu e vexo xente escalando, uns na Martinez-Somoano e outros na Cepeda, véñenme bos recordos e sigo camiño da Collada Bonita, con 2388 teito da proba e quilómetro 42,8. A subida a esta collada, un pedrero de pedra miúda que che deixa cravado, sobes un paso e baixas dous,e co que xa levo enriba  faiseme eterna. Ás 13:10 chego á collada, nunca estivera aquí e doume conta de porque esta é a Bonita. Párome a facer unha foto, teño un SMS no móbil, merda, Jorge abandonou en Cain por culpa dun esguince, que putada, coas ganas que traía. Que se lle vai facer así é a montaña.

Báixome para as Vegas de Sotres, quédanme 1300 metros de descenso e 5 quilómetros. De pernas vou ben pero analizando a situación son as 13:15 cando empezo a baixar e calculo que non vou chegar a tempo. Aquí na casa sei que en condicións normais tería que chegar en hora e media ou ata en menos pero tras 42 quilómetros nas pernas non debín de pensalo así na carreira e polo tanto baixo tranquilamente charlando cun compañeiro de Oviedo que collo na baixada ata as Vegas. Mentres baixamos vemos o helicóptero dos bombeiros de Asturias facendo un rescate na Pena Castil, mal rollo, fai dúas viaxes, iso quere dicir que polo menos hai dous feridos, ao día seguinte leo na prensa o sucedido, nun mesmo grupo dous accidentes con media hora de separación, espero que se recuperen pronto. Chegamos ás 15:10 ás Vegas e polo tanto  fóra de control. Alí estábame esperando Susana, dámonos un bico e cóntolle que aínda que non poida seguir voume para casa moi contento, con 48 quilómetros 5000 metros de subidas e 4000 de baixadas.

Abandono

Non puiden apurar máis, a proba é moi dura eso non o pon ninguen en dubida, si a quero acabar algun dia terei que entrenar máis para tratar de chegar as Vegas as 13:00 con marxe suficiente para atacar a seguinte subida, a canle de Jidiello, que en tan so 4 quilómetros salva 1000 metros de desnivel de subida "a saco"  ata o Collado de Valdominguero, sendo este o punto onde os corredores peor o pasan.

Resumindo, xa levo tres intentos.Co que teño fago o que podo e síntome un privilexiado polo feito de poder intentalo.

A proba a gañou o vasco Txus Romon, cun tempo record de 12:03 h., seguido do gañador de varias edicións Salvador Calvo a 20 minutos. A primeira muller foi a asturiana Eva Maria Braña batendo tamen o record en feminas con 17:46 h , acabaron cinco das once mulleres que sairon. O primeiro galego foi o amigo de Jorge, Juan Carlos Gonzalez do Club Montaña Ferrol con 18:16 h. . O premio para o mais vello de todos foi para o asturiano Mariano Fernández con 18:37 h, e se me preguntades pola idade pasaba dos 60 e creo que anda mais cerca dos 70 que dos 65.Dos 254  que saímos  chegaron a meta 120.

Noraboa a todos e todas chergaran ou non. Quen sabe, igual o ano que ben volvo.

Datos técnicos

Dificultade: 

Dificil
  1. Dificil. So con moi boa forma física.
  2. Necesaria experiencia.
  3. Necesario amplios coñecementos de montaña.
  4. Pasos aillados de escalada.
Dificil

Data: 

25 de Xuño de 2011

Localización: 

Lonxitude: 

74

Duracion: 

22 horas maximo

Desnivel: 

D+ 6560 D- 6685

Material: 

  • Mallas
  •  Calzado adecuado para carreiras de montaña.
  • Compás
  • Mapa.
  • Cortaventos
  • Chupona.
  • Activos enerxeticos.
  • Frontal.
  • Gafas de sol.
  • Gorra
  • Manta termica.
  • Silbato
  • Luz vermella intermitente

Percorrido: 

O percorrido cruza os tres macizos de Picos polos collados mais altos con a seguiente folla de ruta:

Macizo Occidental 

Repelao (155)-Covadonga-Orandi(441)-Severín-CollauSellón-Fana(949)-LesVeleres-Vega de Enol(1080m)-Vega Huerto-Vega La Piedra-La Rondiella-Vegarredonda(1410m)-Llampa cimera-Collado La Fragua (1810m)-Las Barrastrosas-Jou de los Asturianos-Collado del Jou Santu (2113m)-El Boquete-Canal de Mesones-Cabañas de Mesones (1425m)-Sedo de Mesones y Caín (460m).

Macizo Central

Caín (460 m) - Los Molinos-Sedo Mabro-Canal de Dobresengos-El Canalón-Garganta del Hoyo Grande-Hoyo Bajero-Hoyo Grande Cimero-Horcada Caín (2344m)-Jou Sin Tierri-Vega de Urrielluy (1955m)-Canal de la Celada-Colado de la Celada-Collada Bonita (2382m)-Valle de las Moñetas y Vegas de Sotres (1067m) .

Macizo Oriental

Vegas de Sotres (1067m) - Canalón de Jidiellu-Collado Valdominguero (2140m)-Jou Lleroso-Los Vallejucos-Pozu de Andara-Casetón de Andara (1750m)-Pista Minera-Jitu Escarandi-Cañada de Camba-Collau Posadoiro (1242m)-Sierra de Portudera-Senda Caoru y Arenas  de Cabrales(40 m.)

GPS: 

Cartografia: 

  • Mapa de los Macizos Central y Oriental a escala 1:25.000 de Miguel A. Adrados

Mapa: