Pena Castil 2442

Artigo publicado por vavi o 24 de Setembro de 2012 as 20:20

Deixamos o coche na pista que vai de Sotres  a Aliva,  nas Vegas do Texu. O plan é subir por Pandebano e Canal das Moñas e baixar pola canal do Fresnedal.
Comenzamos a camiñar pola pista que leva a Pandebano ás 8:20 da mañá. Logo de perto de unha hora chegamos ao aparcemento de Pandebano , ao final da pista  comenzamos a subir por camiño empinado  primeiro en direccion a Terenosa para logo de uns trescentos metros virar a esquerda e enfilar a Canal das Moñas. Ao principio o camiño non é claro, xa que hai multitud deles feitos polo gando, nos temos que trazar unha linea recta en direccion a Canal. Logo dunha media hora xa encontramos un camiño marcado e con hitos que nos vai levar sin perda ata a Mayada das Moñas, xa a 1800 metros, vendo xa ao lonxe a cume do Peña Castil. Ollo ata aqui dende Pandebano a subida non da tregua, a nos levounos unhas duas horas dende o coche.

Despois de comer algo seguimos atravesamos a vega de  Los Tortorios no sentido da marcha, hai indicios de camiño e hitos, chegaremos logo de media hora aproximadamente a Cabeza Los Tortorios, collado que nos da paso ao Collau Cambureru, na base cimera do Peña Castil.

Dende o collau a 2056 metros non temos máis que seguir o camiño que entre pedreiros deixaranos na cume. Chegamos a cume ás 12:30.

Logo de facer unhas fotos, tomar un pouco o sol mentras seca o sudor das camisetas e comer algo comenzamos a baixada polo mesmo sitio ata o Collau Cambureru. Dende este punto baixamos directamente pola canal do Fresnedal ata as Vegas de Sotres. A baixada ten un desnivel de 1000 metros e baixa a cañon. Ahi bo camiño, a 1800 metros aproximadamente o camiño dividese en dous, a esquerda o que te leva a   El Carbonal, pequena vega chea de gando nesta época e con resto de cabanas de pastores, e a dereita a baixada máis directa. Nos hipnotizados pola beleza da pequena Vega del Carbonal fumos pola opcion un pouco mási longa.

Atravesada a vega e por camiño que se perde as veces e improvisamos outras, chegamos as Majadas do Fresnedal, xa no camiño mais directo e xa sin peder mais tempo e sin complicacións de perderse chegamos ao coche as 14:30.

Recollemos, baixamos a tomar unha cervexa a Tielve e coa mesma a xantar a Arenas.

Datos técnicos

Dificultade: 

Algo Dificil
  1. Excursión algo difícil, algunhas dificultades técnicas.
  2. Recorrido esixente dende un punto de vista físico. É moi recomendable ter experiencia en montaña.
  3. Orientación dificil en caso de niebla.
  4. Ausencia de camiños.
Algo Dificil

Data: 

13 de Agosto de 2012

Localización: 

Lonxitude: 

15

Duracion: 

7 horas

Desnivel: 

D+ 1600 D-1600

Material: 

O normal para facer unha ruta polos Picos en verán.

Percorrido: 

Vegas do Texu - Collado Pandebano - Cañal das Moñas - Majada das Moñas - Collado do Camburero - Peña Castil - Collado do Camburero - Canal do Fresnedal - Vegas do Toro - Vegas do Texu

Cartografia: 

  • Mapa de los Macizos Central y Oriental a escala 1:25.000 de Miguel A. Adrados

Mapa: