Cornon de Penarrubia

Artigo publicado por vavi o 07 de Xaneiro de 2013 as 17:02

O Cornón de Penarrubia de 2188 metros xunto co Muxiven é o cume mais representativa da comarca leonesa de Laciana nas cercanias do val de Babia e do P.N. de Somiedo.

Existen dous camiños habituais para chegar ao seu cume, unha partindo desde o Porto de Somiedo e outra desde a aldea de Lumajo.
Nós eliximos esta última opción, principalmente para aforrarnos 15 minutos de viaxe en coche. Saímos desde Mugardos ás 6:10AM e ata Lumajo hai 290 kilometros e 3h30 de viaxe parando a almorzar en Villablino.
Lumajo atópase a unha altura de 1360 metros ao comezo do val de Mozarra. É un pobo moi tranquilo e acogedor.
Comezamos a camiñar ás 10:30, atravesamos o pobo cara ao mais alto e seguimos a pista que adentrase no val de Mozarra, ao pouco cruzamos o río por unha ponte e seguimos a pista pola marxe esquerda do rio. A pista ten algunhas desviacións á esquerda pero temos que ir sempre pola dereita en direccion a unha granxa, chegaremos a ela, atravesamos un portal e chegamos a unha fonte, desde aquí descoñezo si a pista continua ou non ou si hai camiños xa que a neve o cubria todo.

Á esquerda quédanos a mole do Muxiven de 2032 metros, nós temos que ir ascendendo en diagonal á dereita, pasaremos por diante dunha cabana de pastores recientemente arranxada e que  permite refuxiarse en caso de mal tempo. Desde a cabana seguimos en ascenso cara a un primeiro collado deixando o Pico da Regada de 1954 á esquerda. Desde o collado toparémosnos de fronte co Pico Aspía de 1972 metros. Para chegar ao Cornon desde este punto temos dúas opcións, boredear o Pico Aspía pola dereita ou pola esquerda, cruzando o Collado entre Picos. Esta ultima opción parece un pouco mais longa, segundo o GPS, medio quilometro mais. En calquera das dúas opcións o camiño non presenta moitas dificultades no referente á orientación, e as dúas deixaranos no collado Os Pollos que forman o Pico Aspia co Pico Asta de 2078.

Para chegar ao cume do Cornon desde Os Pollos podémolo facer bordeando polo Norte o Pico Asta ou polo Sur, as dúas opcións conflúen a 2063 nun collado na base da empinada rampa cimera do Cornon de Penarrubia .

As condicións que nos atopamos foi, -4ºC en Lunajo e neve en boas condicións desde o pobo. Néboa na zona do Cornon que se foi disipando a medida que ascendiamos. Necesitamos os crampons desde o collado Os Pollos  optando pola opción norte. Foron 8 horas de actividade sen présa e disfrutando da paisaxe.
Chegamos a Lumajo coas últimas luces do día, un cafecito para quentar o corpo no bar do pobo e logo unha sobredosis de asfalto para chegar a casa, chegando a Mugardos ás 10:30.

 

Datos técnicos

Dificultade: 

Algo Dificil
  1. Excursión algo difícil, algunhas dificultades técnicas.
  2. Recorrido esixente dende un punto de vista físico. É moi recomendable ter experiencia en montaña.
  3. Orientación dificil en caso de niebla.
  4. Ausencia de camiños.
Algo Dificil

Data: 

08 de Decembro de 2012

Localización: 

Lonxitude: 

16

Duracion: 

8

Desnivel: 

D+ 1400 D-1400

Material: 

  • Piolet
  • Crampóns
  • Raquetas, as levamos por si acaso, as puxemos porque as levabamos pero non eran necesarias.

 

Percorrido: 

Lumajo - Val de Mozarra - Collado Los Pollos - Cornon de Penarrubia  - Collado Entre Picos - Lumajo

 

GPS: 

Mapa: