Catoute dende Salentinos

Artigo publicado por vavi o 01 de Abril de 2012 as 10:39

Comenzamos a ruta en Salentinos, atravesamos a vila en direccion Oeste. Por unha pista agrícola, imos subindo suavemente a beira do río de Salentinos ata a Campa das Brañas. Diversas fontes as márxenes do camiño como a da Fonte das Chávanas, a Fonte do Couzón, a Fonte da Perdiz permítennos encher cantimploras. Unha vez descansado nas brañas afrontamos a longa subida ata a golada do Cologán. Na subida teremos tempo entre os descansos obrigados para tomar folgos de ver que nos atopamos nun circo glaciar coas paredes ben delimitadas (valle en artesa) que forman o cordal entre o Catoute e o Pico de la Cernella. As pequenas lagoas (dependendo da epoca ) dos Fueyos son restos da súa historia glaciar. Cando cheguemos a golada a 2.027 poderemos contemplar as vistas cara a comarca berciana. Dende alí tan só nos quedara a subida final, curta pero intensa que nos leva directamente ao cume do Catoute (2117m).

Datos técnicos

Dificultade: 

Pouco Dificil
  1. Excursión pouco difícil, poucas dificultades técnicas. Ideais para comenzar a coñecer a montaña
  2. Recorrido algo esixente dende un punto de vista físico. Se recomenda ter un minimo de preparación física.
  3. Orientación que implica estar atentos ao percorrido.Poucos camiños ou ausencia deles por tramos.
Pouco  Dificil

Data: 

31 de Marzo de 2012

Localización: 

Lonxitude: 

15

Duracion: 

6

Desnivel: 

D+ 1200 D-1200

Percorrido: 

Salentinos - Campa das Brañas - Collado de Calogán - Catoute

Cartografia: 

  • IGN Folla 127-I Paramo del Sil - Escala 1:25.000
  • IGN Folla 127-II Colinas del Campo de Martín Moro - Escala 1:25.000

Mapa: