Vega Urriellu

Excursion feita o : 

15 de Setembro de 2012

Localización: 

Un pouco antes de chegar a Sotres o autobús déixanos nun cruzamento no que parte unha pista en direccion ás veigas de Aliva e o Collado Pandebano. Seguiremos esa pista en direccion ás invernais do Texu (880 metros, punto máis baixo de toda a ruta), unha vez crucémolas, comezaremos a subir por longos zigzags en dirección ao Collado Pandebano, lugar que alcanzaremos logo dunha hora e media de suave ascenso. Unha vez aquí, a 1212 metros viraremos en dirección sur, xa por un pequeno carreiro, cara ás Brañas da Terenosa(1315 metros), bucólico lugar, con numerosas cabanas, unha das cales é o refuxio de Pandevano, propiedade da F.E.M.P.A, e dende fai dous anos conta cun garda. Na Terenosa atoparemos a última fonte da ruta polo que deberemos encher as cantiploras para o resto da subida que nos separa do noso destino. Seguiremos ascendendo por un longo camiño en diagonal que nos deixará no Collado Vallejo 1540 metros, lugar desde o cal veremos o Picu Urriellu en todo o seu esplendor e xa non o perderemos de vista en todo o día. Desde Vallejo e logo dun curto descenso acometeremos a última subida do día, xa por terreo totalmente calizo, rodeados por montañas de mais de dous mil metros, como o Neveron de Urriellu, os Picos Albos, a Pena Castil, ... e coa mirada atenta das impresionantes paredes norte e oeste do gran Picu Urriellu, iremos subindo por curtos zigzags os últimos 500 metros de desnivel que nos restan ata o refuxio de la Vega de Urriellu a 1953 metros. Despois de instalarnos no refuxio se o tempo e as ganas o permiten farremos unha pequena excursion pola canal da Celada ata o Jou Tras o Picu para poder ver as caras Este e Sur do Naranjo de Bulnes. O Domingo baixaremos polo mismo camiño ata o Collado Pandebano e dende ali baixaremos directamente a pequena aldea de Bulnes para logo seguir baixando pola canal do Texu ata Puente Poncebos donde remateremos a excursion.

Tempo
Tempo aproximado que leva a excursión
Tempo Tempo
8
Desnivel de subida
Desnivel acumulado de subida.
Desnivel subidaDesnivel de subida
1100
Desnivel de baixada
Desnivel acumululado de baixada
Desnivel subidaDesnivel de baixada
150
Distancia
Distancia aproximada en quilómetros
DistanciaDistancia
12.00
Tipo de percorrido
Refirese a si é un percorrido circular, unha travesia ou de ida e volta polo mesmo sitio
Tipo de percorridoTipo de percorrido
Travesía
Dureza do medio natural
  1. O medio non esta exento de riscos
  2. Hai máis dun factor de risco
  3. Hai varios factores de risco.
  4. Hai bastantes factores de risco.
  5. Hai moitos factores de risco.
Dureza do medio naturalDureza do medio natural
1
2
3
4
5
Orientación no itinerario
  1. Camiños e creuce ben definidos.
  2. Senda ou sinalización que indica a continuidade.
  3. Esixe a identificaión precisa de accidentes xeográficos ou de punto cardinais.
  4. Esixe técnicas de orientación e navegacion fora de pista.
  5. A navegación é interrumpida por obstáculos que jai que bordear.
OrientacionOrientacion no itinerario
1
2
3
4
5
Dificultade no desprazamento
  1. Andaina por superficie lisa.
  2. Andaina por camiños de ferradura.
  3. Andaina por sendas escalonadas ou terreos irregulares.
  4. É preciso o uso das mans para manter o equilibrio.
  5. Requiere pasos de escalada para a progresión.
DesprazamentoDificultade no desprazamento
1
2
3
4
5
Esforzo necesario
  1. Ata unha hora de marcha efectiva.
  2. Máis de unha hora e menos de 3 horas de marcha efectiva.
  3. Máis de 3 horas e menos de 6 horas de marcha efectiva.
  4. Máis de 6 horas e menos de 10 horas de marcha efectiva.
  5. Máis de 10 horas de marcha efectiva.
Cantidade de esforzo necesarioEsforzo necesario
1
2
3
4
5
Mais info

Mapa: