Senda do Caoru desde Sotres

Excursion feita o : 

21 de Abril de 2012

Localización: 

Saimos da vila de montaña de Sotres a 1000 m de altitude. Comezamos o ascenso pola pista que sale do aparcamento a dereita en dirección a Tresviso. Pronto chegamos ás invernais de Caballar onde estan as antenas de telefonia e un posto da rede de seguimento do cambio global en Parques Nacionais dentro do programa de Rede Mundial de Observación Climatolóxica. Tomamos un sendeiro á esquerda xusto neste punto e en descenso chegamos a un abrebadero, onde enchimos as cantimploras. Neste punto se puso a chover con intensidade.

 

Seguimos baixando polo val que forma o Arrollo Claro de Vies en direccion noroeste, ata chegar ás Malladas do collao de Tabaos (Valfrío) onde decidimos abortar a travesía debido a intensa chuvia e neboa. Dende Valfrio baixamos pola pista forestal a traves das cabanas para logo coller unha corredoira señalizada que leva directamente a Tielve. Despois de comer un pouco e tomar un cafe decidimos voltar para Arenas pola estrada.

De non abortar a excursion o percorrido dende Valfrio seguiria asi:

 

 Dende Valfrío  vese a poblacion de Tielve e o mítico Pico Urriellu. Tomamos xa o sendeiro á dereita, como referencia hai un poste de tendido electrico, o sendeiro  levanos  en suave ascenso ao nordés e logo ao noroeste enfilando a suba mais forte que tivemos ata o Outeiro de Posadoiro (1226 m).

Dende este punto temos unha vista escepcional dos tres macizos de Picos de Europa dende onde se ven os seus principais cumios. A partir de aquí un sobe e baixa entre malladas, primeiro a de Tordín, logo as de Tambrín e as de Humardo. Esta e a parte da travesía onde é máis facil perderse, xa que  o gando fai moitos camiños que moitas veces non levan a ningunha parte. Hai estacas de  madeira con marcas de pequeno percorrido, pero son poucas e hai que saber interpretar o mapa para orientarse ben. Este tramo con neboa non é nada fácil de seguir.

Despois de atravesar as  Invernales de Portudera (950 m) empezamos a vertixinosa baixada pola propiamente dita Senda de Caoru, vendo ao lonxe o noso destino, Arenas de Cabrales. Son 800 metros de desnivel de descenso constante por zig zags empedrados onde en tramos vese claramente a calzada romana xa desgastada e pulida polo transcurso do tempo e das pisadas de xentes e gando o que a fai especialmente perigosa en caso de estar humeda xa que o esvarón está asegurado.

Unha represa de augas esmeralda á dereita indícanos o final do descenso. A estrada que sobe a Poncebos lévanos a Vila de Arenas de Cabrales onde nos espera o merecido descanso despois de 17 km e 1200 m de desnivel.

 

 

Tempo
Tempo aproximado que leva a excursión
Tempo Tempo
7 horas
Desnivel de subida
Desnivel acumulado de subida.
Desnivel subidaDesnivel de subida
345
Desnivel de baixada
Desnivel acumululado de baixada
Desnivel subidaDesnivel de baixada
1233
Distancia
Distancia aproximada en quilómetros
DistanciaDistancia
19.00
Tipo de percorrido
Refirese a si é un percorrido circular, unha travesia ou de ida e volta polo mesmo sitio
Tipo de percorridoTipo de percorrido
Travesía
Dureza do medio natural
  1. O medio non esta exento de riscos
  2. Hai máis dun factor de risco
  3. Hai varios factores de risco.
  4. Hai bastantes factores de risco.
  5. Hai moitos factores de risco.
Dureza do medio naturalDureza do medio natural
1
2
3
4
5
Orientación no itinerario
  1. Camiños e creuce ben definidos.
  2. Senda ou sinalización que indica a continuidade.
  3. Esixe a identificaión precisa de accidentes xeográficos ou de punto cardinais.
  4. Esixe técnicas de orientación e navegacion fora de pista.
  5. A navegación é interrumpida por obstáculos que jai que bordear.
OrientacionOrientacion no itinerario
1
2
3
4
5
Dificultade no desprazamento
  1. Andaina por superficie lisa.
  2. Andaina por camiños de ferradura.
  3. Andaina por sendas escalonadas ou terreos irregulares.
  4. É preciso o uso das mans para manter o equilibrio.
  5. Requiere pasos de escalada para a progresión.
DesprazamentoDificultade no desprazamento
1
2
3
4
5
Esforzo necesario
  1. Ata unha hora de marcha efectiva.
  2. Máis de unha hora e menos de 3 horas de marcha efectiva.
  3. Máis de 3 horas e menos de 6 horas de marcha efectiva.
  4. Máis de 6 horas e menos de 10 horas de marcha efectiva.
  5. Máis de 10 horas de marcha efectiva.
Cantidade de esforzo necesarioEsforzo necesario
1
2
3
4
5
Mais info

Mapa: