Bosques de Valdeón
Excursion feita o :
Localización:
O percorrido comenza no porto de Pandarruedas a 1463 metros de altitude. Seguimos a pista do camiño vello de Valdeón uns 50 metros para logo virar a dereita seguindo a línea de alta tensión por unha pista que vai en suave ascenso ata o Collado de la Vieja a 1524, cerca dunha pequena central de electrica. Neste punto viraremos a esquerda, seguindo a pista que se vai adentrando no bosque. A mediada que vamos subindo vamos abandonando a pista e entrando nunha pequena corredoira indicada con algúns hitos e que nos vai levando polo medio do bosque ata a Poza Perro (atopamos unha pequena poza) e logo nos sube ata o o Pico Alta de 1606. A medida que subiamos comenzaou a caer auga neve e a neboa nos impedia ver as vistas sobre Valdeon e os Picos de Europa.
Dende el Pico Alta seguimos polo cordal ascendendo á Cerras de Cuénabres primeiro e baixando un pouco ata o Collado de Sotres. Dende o collado baixamos un pouco a esqueda e logo e fumos en travesia a media ladera do cresterio que forma o Pico de Frañana co Pico de Cebolleda, pola Braña Salguera, sen peder moita altura e enlzando pequenas corredoiras que fai o gando. A medida que avanzamos o vento arreciaba e o frio era máis intenso, a neboa non nos deixaba ver o Gildar, a auganeve seguia caendo e antes de enfilar a subida final ao Gildar decidimos abortar a excusrión e baixar a refuxiarnos e comer a cercana cabana de Frañana . A cabaña foi reparada este ano, ten o tellado amañado,non é moi grande, apenas collimos os 20 dentro, pero permitiunos comer ao abrigo. A cabaña atopase nas Hoyas de Frañana, lugar cheo de charcas e regatos e onde nace o mitico Cares.
Logo de comer, saimos a coller a pista que está a escasos metros da cabana, seguindoa entramos novamente no bosque e sempre en descenso remata no camiño vello de Valdeón. Neste punto como ainda era moi cedo para irnos ao Hotel, decidimos ir camiñando ata Posada de Valdeón a pesar de que non paraba de chover. A distancia ata Valdeón son uns 10 quilometros de pista forestal, semrpe polo bosque e chega a facerse un pouco monotona.
Chegamos a Valdeón as 18:00 donde finalizamos a xornada.
Tempo
Tempo aproximado que leva a excursión
![]() |
8 horas |
Desnivel de subida
Desnivel acumulado de subida.
![]() |
800 |
Desnivel de baixada
Desnivel acumululado de baixada
![]() |
1200 |
Distancia
Distancia aproximada en quilómetros
![]() |
20.00 |
Tipo de percorrido
Refirese a si é un percorrido circular, unha travesia ou de ida e volta polo mesmo sitio
![]() |
Travesía |
Dureza do medio natural
![]() |
1
2
3
4
5
|
Orientación no itinerario
![]() |
1
2
3
4
5
|
Dificultade no desprazamento
![]() |
1
2
3
4
5
|
Esforzo necesario
![]() |
1
2
3
4
5
|