Encontros coa Natureza
Novo sistema de graduacion das marchas de sendeirismo
A partires de agora empregaremos un novo sistema de graduacción das rutas para que teñades unha idea máis aproximada da dificultade das mesmas. Utilizaremos o sistema M.I.D.E. que significa Metedo de Información De Excursións. A suas características describense a continuación:
- O MIDE é un método para valorar a dificultade e compromiso das excursións. Crea unha escala de gradación das dificultades técnicas e físicas dos percorridos, permitindo clasificalos para unha mellor información.
- É unha ferramenta destinada aos excursionistas, para que poidan escoller o itinerario que mellor se adapte á súa preparación e motivación
- Deste xeito o MIDE é non só un método de información senón tamén unha ferramenta de prevención de accidentes en montaña, xa que a máis información, maior seguridade. (información=seguridade).
- Esta inicitiva desenvolveuse no ano 2002 a través dos seguintes promotores: Goberno de Aragón -Protección Civil-, Obra Social e Cultural de Ibercaja e a Federación Aragonesa de Montañismo.
- É un sistema que vai dirixido a todas esas persoas e entidades que fagan descricións de percorridos polo medio natural, xa sexa en libros, folletos, páxinas Web...
- O uso do MIDE é libre e gratuíto, sempre que se respecte para a súa aplicación a metodoloxía do manual de procedementos.
- Pode completar toda a información completa na web de "Montañas Seguras": http://www.euromide.info/

Ademais da información de referencia, os catro aspectos que valora o sistema MIDE son os seguintes: