Tocallaraju - Peru

ENCONTROS COA NATUREZA 2010

PICOS DE EUROPA

Sábado 3: Porto San Glorio - Coriscao - Espinama

Domingo 11: Fuente De - Horcados Rojos - Fuente De


Saída:

Sábado 3 de Xullo ás 4:00.

Chegada:

Domingo 22:00 .

Puntos de recollida:

Mugardos, Ares, Maniños, Perlio e Fene


M.I.D.E. -> Ruta do Coriscao
Tempo en horas 7-8
Desnivel de subida 717 m
Desnivel de baixada 1372 m.
Distancia 18 Qm
Tipo de percorrdio Travesía
Dureza do medio natural

1

2

3

4

5

Orientación no itinerario

1

2

3

4

5

Dificultade no desprazamento

1

2

3

4

5

Cantidade de esforzo necesario

1

2

3

4

5

M.I.D.E. -> O Cable - Collado de Horcados Rojos - O Cable
Tempo en horas 5
Desnivel de subida 550 m aprox
Desnivel de baixada 550 m aprox
Distancia 10 Qm
Tipo de percorrdio Ida e Volta
Dureza do medio natural

1

2

3

4

5

Orientación no itinerario

1

2

3

4

5

Dificultade no desprazamento

1

2

3

4

5

Cantidade de esforzo necesario

1

2

3

4

5

Inscripcións:

A partir do luns 21 de Xunio ao xoves 1 de Xullo na Oficina de información Xuvenil de Mugardos, teléfono 981 470 338 ext 3. en horario de mañá.

Prezo:

85 € (inclue: Aloxamento en albergue + cea + almorzo + teleférico i/v+ autobus)

Prazas:

38.

Pequena descripción da Porto San Glorio - Coriscao - Espinama :

Comenzaremos a camiñar no Porto de San Glorio a 1609 metros de altitude, logo de dous quilometros por estrada chegaremos o Collado de Llesba, onde se atopa o monumneto ao Oso. Dende aqui comenzaremos a ascender pouco a pouco por un pequeno carreiro, xa coa vista posta no Coriscao. Logo dunha hora chegaremos a base da montaña onde comenza unha dura subida que despois de varios zig-zags deixarános no cumio do Coriscao a 2234 metros. Se o vento o permite pararemos a xantar nos arredores da cume. O descenso cara o val de Liebana e longo. Baixaremos primerio ata a POzu Llau e despois de refrescarnos seguiremos ata a Cabana de Salvoron antes de meternos de cheo no espectacular bosque de faias que xa non nos abandonara ata chegar a vila de Pido, a dous quilometros de Espinama

Pequena descripción da O Cable - Horcados Rojos - O Cable:

Colleremos o teleferico ás 9 da maña. dende a cabina superior do teleferico seguiremos por unha pista durante 3 quilometros sen gañar altura ata a Vueltona, dende aqui empezaremos a subir pouco a pouco por camiño ata o Collado de Horcados Rojos, miradoiro privilexiado dende donde se pode ver o Picu Urriellu co Mar Cantabrico como telón de fondo. A volta polo mesmo camiño con idea de estar de volta en Fuente De as duas da tarde.

Recomendacións:

 

  • Para a ruta do Coriscao OBRIGATORIO levar 2 litros de auga por pesoa. NON HAI FONTES
  • En función das condicións metereolóxicas do sábado a ruta pode variar o percorrido e en lugar de subir ata o Coriscao baixaremos por medio do bosque ata Espinama dende o mirador de Llesba. Esta decisión corresponderalle a organización.
  • O autobus levaranos ata o albergue todo o que non necesitemos durante a ruta.
  • Levade roupa de abrigo durante a ruta. Atravesaremos unha zona de alta montaña donde o tempo pode cambiar bruscamente, podendose dar o caso de que empezemos o dia en manga corta e o rematemos con luvas e gorro.
  • Moi recomendable levar gorro para o sol e crema de proteccion solar cun alto valor de protección.
  • Moi recomendable levar bastóns. Disminuen as posibles dores dos xeonllos durante as baixadas, incrementan a capacidade de ascender costas empinadas e axudan a aumentar a confianza en descensos fortes e pedregosos.
  • Recórdovos que as rutas de Encontros non son competitivas, os ritmos sempre o marcan os mais lentos polo tanto regulade o voso ritmo para ir disfrutando da ruta e non ir forzando o ritmo. A subida final ao Coriscao facendoa despaciño faise sen querer.
  • O albergue dispon de sabanas, mantas e edredons. Teredes que levar as toallas para o voso aseo.
  • Cearemos no Restaurante Nevandi de Espinama
  • O domingo comeremos en Fuente De, comida non incluida no prezo da excursión.Sairemos cara Mugardos ao redor das 15:30, con hora prevista de chegada ás 22:00
  • O xoves 1 de Xullo as 20:00, nos baixos do Concello de Mugardos, faremos unha xuntanza explicativa sobre a excursión e faremos un debate/coloquio sobre outros temas importantes sobre as excursións , polo que gustarianos que asistirades ainda que non vaiades a excursión.

Información de interes:

Volver
 Perfil da ruta, por cortesia de Jorge Fernandez   Subindo hacia o Coricao  Subindo ao Coriscao co Peña Prieta e o Cubil de Can  vixiantes  Horcados Rojos, Santa Ana e Peña Vieja dende a beira do Pozu Llau  O Picu Urriellu dende Horcados   O Coriscao dende Cabaña Veronica en Inverno O piramidal Santa Ana, pico veciño do Horcados Rojos