Tocallaraju - Peru

ENCONTROS COA NATUREZA 2009
PICOS DE EUROPA
Vega Urriellu


Saída:

Sábado 27 de Xuño ás 4:00.

Chegada:

Ás 21:30 do domingo.

Puntos de recollida:

Mugardos, Ares, Maniños, Barallobre Perlio e Fene.

Dificultade M.I.D.E. para a súbida do sábado. Para o domingo a Cantidade de esforzo sería un 3)

M.I.D.E.
Tempo en horas 8
Desnivel de subida 1100 m.
Desnivel de baixada 150 m.
Distancia 12 km
Tipo de percorrdio Lineal
Dureza do medio natural

1

2

3

4

5

Orientación no itinerario

1

2

3

4

5

Dificultade no desprazamento

1

2

3

4

5

Cantidade de esforzo necesario

1

2

3

4

5

Equivalencia dificultade antigua media-alta(3,5)

Inscripcións:

A partir do luns 15 ao xoves 25 de Xuño na Oficina de información Xuvenil de Mugardos, teléfono 981 470 338 ext 3. en horario de mañá.

Prezo:

70 euros. Inclue: Autobus + aloxamento no refuxio de Vega Urriellu en media pensión (cea+almorzo+pernocta)

Prazas:

30.

Pequena descripción:

Un pouco antes de chegar a Sotres o autobús déixanos nun cruzamento no que parte unha pista en direccion ás veigas de Aliva e o Collado Pandebano. Seguiremos esa pista en direccion ás invernais do Texu (880 metros, punto máis baixo de toda a ruta), unha vez crucémolas, comezaremos a subir por longos zigzags en dirección ao Collado Pandebano, lugar que alcanzaremos logo dunha hora e media de suave ascenso. Unha vez aquí, a 1212 metros viraremos en dirección sur, xa por un pequeno carreiro, cara ás Brañas da Terenosa(1315 metros), bucólico lugar, con numerosas cabanas, unha das cales esta habitada por unha parella de pastores sete meses ao ano. Na Terenosa atoparemos a última fonte da ruta polo que deberemos encher as cantiploras para o resto da subida que nos separa do noso destino. Seguiremos ascendendo por un longo camiño en diagonal que nos deixará no Collado Vallejo 1540 metros, lugar desde o cal veremos o Picu Urriellu en todo o seu esplendor e xa non o perderemos de vista en todo o día. Desde Vallejo e logo dun curto descenso acometeremos a última subida do día, xa por terreo totalmente calizo, rodeados por montañas de mais de dous mil metros, como o Neveron de Urriellu, os Picos Albos, a Pena Casti, ...l e coa mirada atenta das impresionantes paredes norte e oeste do gran Picu Urriellu, iremos subindo por curtos zigzags os últimos 500 metros de desnivel que nos restan ata o refuxio de la Vega de Urriellu a 1953 metros.

Recomendacións:

  • O xoves 25 faremos unha xuntanza ás 8:30 do serán nos baixos do Concello para explicarvos máis detalladamente o percorrido
  • Tede en conta que temos que levar todo o necesario nas mochilas ata o refuxio, polo que é necesario non levar máis peso do que non podamos cargar
  • Temos tres fontes ao largo do percorrido, pero a última atopase a 3 ou catro horas do refuxio polo que é OBRIGATORIO levar cantimplora ou similar con capacidade para dous litros.
  • No refuxio hai mantas, se queredes podedes levar un saco de verán ou sábana. Nas habitacións habitualmente non vai frio
  • A cea e o almorzo do domingo nolo dan no refuxio, o xantar do sábado faremolo polo camiño polo que levadeo de casa. O domingo hai posibilidade de xantar en restaurante ven sexa en Sotres ou en Arenas de Cabrales. A volta para Mugardos esta prevista ás 15:30 para chegar a Mugardos ao redor das 21:30

Información de interes:

Volver