Tocallaraju - Peru

ENCONTROS COA NATUREZA 2009
PICOS DE EUROPA
Vega de Ario


Saída:

Sábado 5 de Setembro ás 5:00.

Chegada:

Ás 21:30 do domingo.

Puntos de recollida:

Mugardos, Ares, Maniños, Barallobre Perlio e Fene.


M.I.D.E.
Tempo en horas 5
Desnivel de subida 610 m.
Desnivel de baixada 150 m.
Distancia 8 km
Tipo de percorrdio Lineal
Dureza do medio natural

1

2

3

4

5

Orientación no itinerario

1

2

3

4

5

Dificultade no desprazamento

1

2

3

4

5

Cantidade de esforzo necesario

1

2

3

4

5

Equivalencia dificultade antigua media-alta(3)

Inscripcións:

A partir do luns 24 de agosto ao xoves 3 de Setembro na Oficina de información Xuvenil de Mugardos, teléfono 981 470 338 ext 3. en horario de mañá.

Prezo:

70 euros. Inclue: Autobus + aloxamento no refuxio de Vega de Ario en media pensión (cea+almorzo+pernocta)

Prazas:

30.

Pequena descripción:

Comenzaremos a camiñar desde o aparcamento da Buferrera nas proximidades dos Lagos de Covadonga a 1089 metros de altitude. Ao pouco de poñernos a andar pasaremos polo centro de de interpretación do Parque Nacional e polas antigas minas da Buferrera, máis adiante pasaremos a beira do Lago da Ercina para adentrarnos no Maicizo Occidental dos Picos. Por un carreiro ascendente pasaremos cerca de varias cabanas de pastores ata chegar as cabanas das Bobias a 1220 metros, lugar este donde poderemos encher as cantiploras. Desde as Bobias comezaremos a subir por pendentes mais ou menos suaves ata chegar ao Jito a 1625, para desde ali virar a esquerda e en dez minutos chegar ao refuxio. O resto da xornada a podemos aproveitar para subir ao Jultayu de 1940 metros ou descansar na tranquila Vega de Ario.

Recomendacións:

  • O xoves 3 faremos unha xuntanza ás 8:00 do serán nos baixos do Concello para explicarvos máis detalladamente o percorrido
  • Tede en conta que temos que levar todo o necesario nas mochilas ata o refuxio, polo que é necesario non levar máis peso do que non podamos cargar
  • A día de hoxe hai auga no refuxio, de hoxe nun mes dependerá de varios factores, o avisaremos antes de subir. Temos unha fonte nas Bobias, donde podremos e debemos encher as cantimploras. Os recordo que é OBRIGATORIO levar cantimplora ou similar con capacidade para dous litros.
  • No refuxio hai mantas e edredons de plumas, se queredes podedes levar un saco de verán ou sábana. Nas habitacións habitualmente non vai frio
  • A cea e o almorzo do domingo nolo dan no refuxio, o xantar do sábado faremolo polo camiño polo que levadeo de casa. O domingo hai posibilidade de xantar en restaurante en Cangas de Onis. A volta para Mugardos esta prevista ás 15:30 para chegar a Mugardos ao redor das 21:30

Información de interes:

Volver