Quén somos?

A Agrupación de Montaña e Escalada Bestarruza é unha agrupación deportiva inscrita no rexistro de sociedades deportivas do Concello de Mugardos e da Xunta de Galicia e forma parte da Federación Galega de Montañismo dende o 30 de abril de 1998. Foi fundada por un grupo de mugardeses e mugardesas coa finalidade de agrupar a todos os practicantes do montañismo, en todas as suas disciplinas, de Mugardos e concellos limitrofes e, dentro das nosas posibilidades, fomentar o montañismo e o respeto pola natureza en xeral e a montaña en particular.