Preguntas frecuentes

Estas son ás preguntas máis frecuentes que nos fan, se non te chegan e queres saber máis sobre nos o que queiras

Qué é Bestarruza?

Aparte de o nome da nosa Agrupación, foi tamén o nome dunha das lanchas que facian o transporte de viaxeiros na ria, tamén foi o nome dunha agrupación Cultural de Mugardos, tamen é o nome da nova traiña do Clube do Mar de Mugardos e sempre foi o nome da praia de Mugardos.

Por qué un club de montaña en Mugardos?

É por qué non?

Por qué non tedes un calendario de actividades na web?

A Xunta Directiva actual non ten tempo para comprementerse cun calendario de actividades para os socios, e por eso que non temos un calendario de actividades.Neste sentido o único que podemos ofrecer e unha axenda con actividades de outros clubes, concellos e federarcións. As actividades que fan os soci@s da agrupacion son actividades ao marxen da Agrupacion excepto as que se organizan co nome de Encontros coa Natureza que son co-organizadas xunto coa Asociación de Veciños Montefaro e as cales non é necesario ser socio para poder participar nelas.

quén fixo as actividades que hai na web?

As actividades desta web son algunhas actividades que fan os soci@s da agrupacion de forma personal é que suben a web para copartirla experiencia con todo o mundo e que a xente que cumpla os coñecementos necesarios as poda repetir si son do seu agrado.

Por qué non tedes local?

Tívemelo,cedido polo Concello no colexio de Fieiteiras s/n, pero por problemas de habitabilidad vímonos na obriga de deixalo en 2002.

Cantos socios sodes?

Dependeno dos anos entre 20 e 30.

Quero engadir actividades que fago eu na web, Podo?

Si eres socio sí. Para elo tes que darte de alta na web. Unha vez recibida a solicude e comprobado que eres soci@ te habilitaremos a conta.

Paga a pena federarse?

Dende a Agrupacion recomendamos que todas as persoas que practican o montañismo en calqueran das suas modalidades deberían de estar federadas. Na páxina da Federación Galega de Montañismo veredes informacion sobre os tipos de seguros e prezos das licenzas. Estar federado ten unha serie de ventaxas, entre elas poder participar nos cursos que organiza a Escola Galega de Alta Montaña, nas actividades que organiza a Federación, Carreiras de montaña oficiais ademais de un seguro de accidente e outras ventaxas que podes consultar  nesta páxina

 

Podo competir no equipo de carreiras de montaña Bestarruza?

¡¡Claro!!, tan só é necesario ser socio e estar federado con  nos, e por suposto, ter moitas gañas de correr.