Faite socio

Para facerse soci@ da Agrupacion non tes mais que cubrir o formulario que hai  nesta ligazón

Pero antes de facerte socio ten en conta: 

  • Somos un clube pequeño e non podemos ofrecer actividades organizadas por nós polo que non atoparás un calendario de actividades.
  • As únicas saídas que se organizan desde a Agrupacion, e non é necesario ser socios para participar nelas, son as que se fan baixo o nome de Encontros coa Natureza.
  • As actividades que podes ver nesta web foron feitas polos nosos socios en saidas ao marxen da agrupación e estan colgadas na páxina para que sirvan como punto de información e referencia a todos os que as queiran repetir. Para elo lembra que non todas están ao alcance de todo o mundo, deberas de ter os coñecementos e a forma física necesaria para poder repetilas.
  • Desgraciadamente non dispoñemos de local social, polo que a forma de comunicarnos entre nos e moitas veces a traves de email e esta web é o medio habitual de comunicación.

A Agrupación ofrece:

  • Uso gratuito de material de inverno: Raquetas, Piolets e crampóns.
  • Uso do taladro para equipar vías de escalada. So si se acredita experiencia.
  • Os trámites necesarios para federarse na Fedaración Galega de Montañismo.
  • Un punto de encontro de información para todos os mugardeses que se queran achegar ao mundo da montaña.
  • Informar de actividades organizadas por outras sociedades e federación galega de montañismo.

Ten en conta

  • A práctica do montañismo ten unha serie de riscos que os que nos achegamos a ela debemos de coñecer e asumir, é por iso, que dende a agrupación recomendamos a todos que para estar cubertos dun posible accidente deberiades de estar federados .
  • Ninguén naceu aprendido e todo nesta vida require dunha aprendizaxe, non te lances a facer aventuras nas que non estas preparado. A Escola Galega de Alta Montaña ofrece cursos ao longo do ano das distintas modalidades deportivas que practican na montaña, os poder consultar aqui

Estar federado ten ventaxas:

  • Participar con preferencia nas actividaes federativas.
  • Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM)
  • Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional
  • Usar os refuxios galegos e os que teñan convenio.
  • Prezos moi reducidos nos refuxios galegos.
  • Comunicacións periódicas.
  • Calendario de actividades.
  • Participar en actividades divulgativas.
  • Competicións oficiais de escalada e carreiras por montaña.
  • 3 aseguradoras e 15 modalidades de seguros a elixir (máis info)
  • E si ainda non te chegan hai mais en http://www.ventajasfedme.es

Cotas

  • Temos duas modalidades de cotas en función de si estas federado ou non.
  • O pago faise dunha soa vez na conta da agrupación.
  • Os prezos do socios federados aille que sumar a modalidade de tarxeta federativa elexida
Modalidades Alta Cota anual
Soci@ federado
> 18 anos 10 € 10 €
 menor de idade e > 14 anos 5 € 5 €
< 15 anos (só si algun dous pais ou titores son socios) 0 € 0 €
Soci@ NON federado    
> 18 anos 10 € 20 €
 menor de idade e > 14 anos 5 € 10 €
< 15 anos (só si algun dous pais ou titores son socios) 0 € 0 €