Quén somos?

A Agrupación de Montaña e Escalada Bestarruza é unha agrupación deportiva  inscrita no rexistro de sociedades deportivas do Concello de Mugardos e da Xunta de Galicia e forma parte da Federación Galega de Montañismo dende o 30  de abril de 1998. 
Foi fundada por un grupo de mugardeses e mugardesas coa finalidade de agrupar a todos os practicantes do montañismo, en  todas as suas disciplinas, de Mugardos e concellos limitrofes e, dentro das nosas posibilidades, fomentar o montañismo e o respeto pola natureza en xeral e a montaña en particular.
Dende os inicios da agrupación temos organizado concursos de fotografia, xornadas de promocion da montaña a traves de proxecións, exposicións de fotografías e en 2005 puxemos en marcha xunto coa Asociacion de Veciños de Montefaro e colaboración do Concello de Mugardos o programa Encontros coa Natureza co único obxetivo de promocionar e dar coñecer a montaña e a natureza a través do sendeirismo.
Dende que fundamos o clube vimos facendo montaña pola peninsula e por medio mundo, facendo saidas a Bolivia, Etiopia, Peru, Arxentina, Nepal, Escocia, Marrocos, Mongolia, etc ...